Novas 2021

COMPETICION

29 Ago 2021

Deica logo Zarautz Gesalaga-Okelan

Deica logo Zarautz Gesalaga-Okelan

No seu segundo ano na elite, Zarautz Gesalaga-Okelan descende da Liga Eusko Label 

Despois das dúas últimas xornadas da Liga Eusko Label desputadas en Ares e Moaña,  Zarautz Gesalaga-Okelan descende de categoría. Os de Asier Puertas non deron igualado a SD Tirán Pereira, e non puideron fuxir dese fatídico último posto da clasificación con 44 puntos.

Zarautz Arraun Elkartea é un dos socios fundadores da ACT e dos 12 primeiros participantes na Liga Eusko Label. Voltaron na tempada 2006 e permaneceron até o 2010, facendo as súas mellores tempadas na elite con dous quintos postos na clasificación xeral. Unha década despois voltaron á Liga Eusko Label, e na segunda tempada non deron pasado do último posto, perdendo a categoría na Liga Eusko Label.

Hoxe comeza unha nova etapa para a Enbata, que competirá no vindeiro ano na ARC, coa clara intención de voltar canto antes á elite do remo de banco fixo.

Voltar