Novas

COMPETICION

25 Ago 2021

O domingo será a vez da XXXIX Bandeira Concello de Moaña

O domingo será a vez da XXXIX Bandeira Concello de Moaña

Despois da desputa da décimo oitava xornada, varios equipos despedirán a Liga Eusko Label

A Liga Eusko Label está a chegar ao seu fin de tempada, e xa co mes de agosto moi avanzado, tócalle ás dúas últimas xornadas do mes. Ares e Moaña gozarán das súas regatas esta fin de semana, e nelas, a Liga Eusko Label despedirá as últimas catro traiñeiras da clasificación xeral que serán Zarautz Gesalaga-Okelan, SD Tirán Pereira, Lekittarra Elecnor e CR Ares. 
 
A XXXIX Bandeira Concello de Moaña presentouse esta mañá no Concello da localidade, na que participaron a alcaldesa de Moaña Leticia Santos, o  xerente de Fandicosta Adrián Mosquera e o tesoureiro da SD Tirán Santos Hernández.

A xornada comezará o domingo 29 de agosto ás 12:13 horas coas catro traiñeiras da primeira quenda, que serán as catro últimas clasificadas da Coroa CaixaBank, e na que vogarán Zarautz Gesalaga-Okelan, SD Tirán Pereira, Lekittarra Elecnor e CR de Ares. A continuación será a quenda das catro seguintes traiñeiras, CR Cabo da Cruz, Ondarroa Cikautxo, Bermeo Urdaibai AVIA e Orio Orialki, mentres que pecharán a xornada as catro mellores traiñeiras da Liga Eusko Label, Zierbena Bahías de Bizkaia, Donostiarra Amenabar, GO fit Hondarribia e Santurtzi T. y G. Aguado. 
 

Voltar