ACT TV

07 Ago 2021

Donostiarra Amenabar vence na estrea da Bandeira Barbanza Arousa

Donostiarra Amenabar vence na estrea da Bandeira Barbanza Arousa

Os donostiarras conquistan a súa primeira bandeira da tempada mentres que a Sotera afiánzase no liderado con 8 puntos sobre Go Fit Hondarribia
 

Donostiarra Amenabar suma a súa primeira bandeira da tempada despois de conquistar a vitoria na estrea da Bandeira Barbanza Arousa por medio segundo sobre Santurtzi Transporte y Grúas Aguado e dous segundos sobre Urdaibai Avia. Mentres GO fit Hondarribia foi quinto e perde tres puntos con respecto á Sotera na clasificación xeral da Liga EuskoLabel sumando 109 puntos, frente os 117 que ten a Sotera.

No día de mañá, Zierbena Bahías de Bizkaia completará a quenda de honra despois de ser cuarto na xornada de hoxe, e na segunda quenda, canda a Ama Gudalupekoa, estarán Orio Orialki, Ondarroa Cikautxo e Cabo da Cruz, mentres que abrirán a xornada dominical Ares, Tiran Pereira, Zarautz Gesalaga Okelan e Lekittarra Elecnor coa primeira quenda.

Así fica a clasificación do Mellor Patrón CaixaBank logo da xornada de hoxe:
1.- Arkaitz Díaz (Donostiarra Amenabar) 18 puntos
2.- Gorka Aranberri (Santurtzi T. y G. Aguado) 12 puntos
3.- Óscar Hermo (CR Cabo da Cruz) 9 puntos
 

Voltar