ACT TV 2021

ENTREVISTAS

25 Xul 2021

A Sotera remonta na El Correo Ikurriña e Donostiarra gaña a súa primeira bandeira

A Sotera remonta na El Correo Ikurriña e Donostiarra gaña a súa primeira bandeira A Sotera remonta na El Correo Ikurriña e Donostiarra gaña a súa primeira bandeira

Santurtzi Transportes y Gruas Aguado afianza o seu liderado na Liga EuskoLabel mentres que Donostiarra Lacturale afástase do descenso

Donostiarra Lacturale suma a súa primeira bandeira do ano tras gañar a X. Caixabank Bandeira en augas de Lekeitio e afiánzase na terceira praza da Liga EuskoTren. As donostiarras conseguiron superar nos metros finais a Orio Orialki e Donostia Arraun Lagunak e obtiveron o premio que procuraban dende que arrancou a tempada. Con estes resultados, Donostia Arraun Lagunak e Orio Orialki voltan empatar na cabeza da clasificación da Liga Euskotren, mentres que na parte de abaixo da táboa Donostiarra Lacturale abre oco respecto a Hondarribia Bertako Igogailuak até os catro puntos. 


No referido á clasificación de mellor patroa da Liga Euskotren, mantense do seguinte xeito: 
1.- Miren Garmendia (Hondarribai Bertako Igogailuak) 15 puntos
2.- Nadeth Agirre (Orio Orialki) 14 puntos
3.- Andrea Astudillo (Donostia Arraun Lagunak) 12 puntos


Santurtzi Transportes y Grúas Aguado suma unha nova bandeira ao seu palmarés da tempada tras conquistaren a XXXVI. El Correo Ikurriña-Kutxabank SN-Lekeitioko Udala por 3 segundos sobre Urdaibai Avia, que dominou a 2ª quenda de principio a fin. Pola súa banda, Go Fit Hondarribia foi 3ª, aínda que precisou da photo finish para confirmar a súa praza na bandeira pola mínima diferenza en meta con Donostiarra Amenabar. Daquela, a Sotera reforza o seu liderado da Liga EuskoLabel sobre Go Fit Hondarribia até acadar os 84 puntos frente os 77 da Ama Guadalupekoa. Mentres tanto, Zierbena Bahías de Bizkaia mantén a terceira praza cos nove puntos de onte e os de hoxe, malia estar confinada durante a fin de semana. Orio Orialki mantén a 4ª praza na xeral e completará a quenda de honra do sábado en Bilbao. Donostiarra Amenabar, Urdaibai Avia, Ondarroa Cikautxo e Cabo da Cruz formarán a segunda quenda e na primeira quenda estarán Lekittarra Elecnor, Ares, Tirán Pereira e Zarautz Gesalaga-Okelan. 

Así fica a clasificación do Mellor Patrón CaixaBank logo da xornada de hoxe:

1.- Arkaitz Díaz (Donostiarra Amenabar) 13 puntos
2.- Gorka Aranberri (Santurtzi T. y G. Aguado) 8 puntos
3.- Óscar Hermo (CR Cabo da Cruz) 7 puntos

Voltar