Novas

COMPETICION

24 Xul 2021

Go Fit Hondarribia e Arraun Lagunak vencen na Bandeira CaixaBank

Go Fit Hondarribia e Arraun Lagunak vencen na Bandeira CaixaBank Go Fit Hondarribia e Arraun Lagunak vencen na Bandeira CaixaBank

As donostiarras reforzan o seu liderado e a Ama Guadalupekoa achega a súa candidatura para a Coroa CaixaBank

Donostia Arraun Lagunak conseguiu superar nas últimas padas a Orio Orialki e leva a VI. Bandeira CaixaBank tras marcharen en todo momento por detrás, e mantense firme no liderado. As patroneadas por Andrea Astudillo lograron superar as aguiluchas por un segundo na meta, mentres que Donostiarra Lacturale e Hondarribia Bertako Igogailuak chegaban á meta con 8 e 9 segundos perdidos, respectivamente. Daquela, Arraun Lagunak érguese no máis alto da táboa con 23 puntos frente os 22 de Orio Orialki. Na parte de abaixo, Donostiarra Lacturale suma 13 tantos e Hondarribia Bertako Igogailuak 12.
No referido á clasificación da Mellor Patroa da Liga Euskotren, fica así:
1.- Miren Garmendia (Hondarribai Bertako Igogailuak) 15 puntos
2.- Nadeth Agirre (Orio Orialki) 11 puntos
3.- Andrea Astudillo (Donostia Arraun Lagunak) 10 puntos

Go Fit Hondarribia consegue a súa primeira vitoria da tempada tras conquistar a IX Bandeira CaixaBank por diante de Orio Orialki, Donostiarra Amenabar e Santurtzi Transportes y Grúas Aguado. Os de Ioseba Amunarriz dominaron a quenda de honra en todos os longos e non abandonaron a primeira praza en ningún momento. Con esta vitoria, a Ama Guadalupekoa suma 68 puntos frente os 72 tantos de Santurtzi T. y G. Aguado. Pola súa banda, Orio Orialki achégase a Zierbena Bahías de Bizkaia na clasificación, e apenas os distancian 3 puntos. Os biscaínos tampouco participarán mañá, polo que na segunda quenda vogará unha traiñeira menos.

Así fica a clasificación de Mellor Patrón CaixaBank logo da xornada de hoxe:
1.- Arkaitz Díaz (Donostiarra Amenabar) 10 puntos
2.- Gorka Aranberri (Santurtzi T. y G. Aguado) 8 puntos
3.- Óscar Hermo (CR Cabo da Cruz) 7 puntos

Voltar