ACT TV 2021

ENTREVISTAS

22 Xul 2021

El Correo Ikurriña e a Bandeira Euskotren estarán en xogo no domingo en Lekeitio

El Correo Ikurriña e a Bandeira Euskotren estarán en xogo no domingo en Lekeitio

Lekeitio acollerá este domingo a oitava xornada da Liga Eusko Label coa desputa da XXXVI El Correo Ikurriña-Kutxabank SN-Lekeitioko Udala e da Liga Euskotren coa X. Bandeira Euskotren

As competicións da Liga Eusko Label e máis da Liga Euskotren voltan a Lekeitio. Este domingo desputarase en augas da localidade biscaína a oitava xornada de ambas competicións na que estarán en xogo as dúas bandeiras que se presentaron esta mañá en Lekeitio: XXXVI El Correo Ikurriña-Kutxabank SN-Lekeitioko Udala e a X. Bandeira Euskotren. 

Na presentación das bandeiras realizada esta mañá a carón do club de Isuntza, falou Koldo Goitia e Alcalde de Lekeitio, Santiago Zumaran, Presidente de Isuntza Arraun Elkartea. 

Para o alcalde “é unha honra que a ACT estea en Lekeitio. É un dos grandes eventos do verán, malia termos acollido diferentes regatas ao longo do verán. Ademais, é un referente para a mocidade que está a comezar veren os mellores remeiros e remeiras en Lekeitio”, sinala Goitia. Ademais, engade que a gente sexa prudente coa situación na que nos atopamos, e que “a poder ser, vexan as regatas dende a casa”. 

Pola súa banda, Zumaran salienta “que é a edición 36 da Bandeira. É unha Bandeira da ACT, e como sempre, trataremos de organizar do mellor xeito posíbel, como fixemos sempre”, comentaba o presidente do club organizador. 

No referido á xornada deportiva, comezará ás 11:40, coa regata da Liga Euskotren, na que as catro tripulacións tratarán de levaren a bandeira do patrocinador, a X. Bandeira Euskotren. 

Pola súa banda, a regata masculina, XXXVI El Correo Ikurriña-Kutxabank SN-Lekeitioko Udala comezará ao remate da Bandeira femenina. Nela, as quendas están divididas segundo a clasificación da regata da véspera, a IX. Bandeira CaixaBank que se desputará en Castro Urdiales.
 

Voltar