Novas

COMPETICION

18 Xul 2021

Arraun Lagunak e Zierbena vencen na Getxoko Ikurriña

Arraun Lagunak e Zierbena vencen na Getxoko Ikurriña Arraun Lagunak e Zierbena vencen na Getxoko Ikurriña

A embarcación donostiarra suma a súa terceira vitoria da tempada e os galipos obteñen a súa segunda vitoria

Arraun Lagunak conquista a súa terceira vitoria da tempada coa Getxoko Estropaden XIII Ikurriña - J.A. Agirre Lehendakariaren XVII. Omenaldia e empata no máis alto da táboa con Orio Orialki con 19 puntos. Mentres tanto, Donostiarra Lacturale e Hondarribia Bertako Igogailuak mantéñense na 3ª e na 4ª praza da clasificación, respectivamente, con cadanseus 11 puntos. 

No referido á clasificación da mellor patroa da Liga Euskotren, fica así:
1.- Miren Garmendia (Hondarribai Bertako Igogailuak) 13 puntos
2.- Nadeth Agirre (Orio Orialki) 10 puntos
3.- Andrea Astudillo (Donostia Arraun Lagunak) 7 puntos

Na Liga EuskoLabel, Zierbena Bahías de Bizkaia suma a súa segunda bandeira da tempada ao gañar a Getxoko Estropaden XLIII Ikurriña - J.A. Agirre Lehendakariaren XVII. Omenaldia por un segundo e medio sobre Orio Orialki, que se impuxo na quenda de honra. Daquela, os galipos conseguen recortar puntos na xeral a Santurtzi Transportes y Grúas Aguado e mantéñense na 3ª praza con 54 puntos. Pola súa banda, Go Fit Hondarribia, 3ª no día de hoxe, suma 56 tantos que lle permiten achegárense aos 63 puntos da Sotera, que na xornada desta mañá foi 4ª. 

A clasificación de Mellor Patrón CaixaBank logo da Getxoko Estropaden XLIII Ikurriña - J.A. Agirre Lehendakariaren XVII. Omenaldia fica así:
1.- Arkaitz Díaz (Donostiarra Amenabar) 8 puntos
2.- Gorka Aranberri (Santurtzi T. y G. Aguado) 8 puntos
3.- Óscar Hermo (CR Cabo da Cruz) 7 puntos

Voltar