ACT TV 2021

ESPECIAL

14 Xul 2021

Orio, primeira parada da fin de semana

Orio, primeira parada da fin de semana

Orioko XXXI. Estropada - ORIO Kanpina IX. Bandera e Orioko XXI. Emakumezkoen Estropada - ORIO Kanpina IX. Bandera serán as primeiras Bandeiras en xogo desta fin de semana 

Orio será o primeiro escenario da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren desta fin de semana. A localidade guipuscoana, albergará unha apaixonante xornada, onde tanto a competición masculina como a feminina están a ferver. Como vén sendo habitual nos últimos anos, o campo de regatas será en mar aberto, situado ao pé do espigón exterior. A tempada pasada, Bermeo Urdaibai Avia conseguiu a súa primeira das dúas Bandeiras deste campo de regatas, mentres que Donostiarra Lacturale conseguía a súa segunda Bandeira da tempada. 

No referido á xornada do sábado, comezará ás 18:10, coa regata da Liga Euskotren, na que as catro tripulacións tratarán de levar a Orioko XXI. Emakumezkoen Estropada - ORIO Kanpina IX. Bandera presentada esta mañá. 

Pola súa banda, a regata masculina, Orioko XXXI. Estropada - ORIO Kanpina IX. Bandera comezará ao remate da Bandeira feminina. Nela, as quendas están divididas segundo a clasificación xeral, polo que na primeira quenda vogarán Zarautz Gesalaga-Okelan, SD Tirán Pereira, CR Ares e Lekittarra Elecnor. Na segunda quenda vogará a traiñeira local canda a CR Cabo da Cruz, Ondarroa Cikautxo e a gañadora da tempada pasada, Bermeo Urdaibai Avia. Finalmente, na quenda de honra estarán as catro primeiras tripulacións da clasificación xeral, Donostiarra Amenabar, Zierbena Bahías de Bizkaia, GO fit Hondarribia e o líder Santurtzi Transportes y Gruas Aguado. 
 

Voltar