Novas

COMPETICION

09 Xu˜ 2021

O Azkuna Zentroa, escenario da Presentación da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren 2021

O Azkuna Zentroa, escenario da Presentación da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren 2021

Entregaranse diferentes trofeos correspondentes á tempada 2020, e realizarase o sorteo de quendas da primeira xornada
 

A Liga Eusko Label e a Liga Euskotren van restando pouco a pouco as semanas que fican até a súa estrea na Coruña. Porén, antes farán a celebración da presentación que será o xoves no Azkuna Zentroa de Bilbao, canda as institucións e patrocinadores que arroupan ambas ligas. 

Na Presentación da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren 2021, realizarase a entrega da réplica da Coroa CaixaBank 2020 a Santurtzi Transportes y Grúas Aguado e do Trofeo Euskotren 2020 a Orio Orialki. Tamén, será momento de recoñecer o Mellor Patrón CaixaBank 2020, Asier Zurinaga, e a Mellor Patroa da Liga Euskotren 2020, Nadeth Agirre. 

Ademais dos diferentes galardóns, tamén tocará coñecermos a folla de ruta dos equipos da Liga Eusko Label na Bandeira Cidade da Coruña. Xa que o xoves se vai realizar ao vivo o sorteo de quendas da xornada inaugural da Liga Eusko Label. 

A Presentación da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren 2021 poderase seguir en directo pola canle de ACT TV no Youtube.

Voltar