Novas 2021

ASOCIACION

27 Mar 2021

A ACT establece a púa ruta para o verán

A ACT establece a púa ruta para o verán

Os clubs aproban na Asemblea o calendario para a tempada 2021

Esta mañá tivo lugar a terceira sesión asemblearia do ano para os socios da ACT. Neste caso, os 12 clubs representantes e máis a Xunta Directiva reuníronse en Bilbao para marcaren o rumbo deste ano 2021 na Liga Euskolabel e na Liga EuskoTren.

Así, os socios aprobaron o calendario de regatas para as dúas competicións. Ambas as dúas ligas, Euskolabel e EuskoTren, comezarán o vindeiro 3 de xullo coa dobre xornada da Coruña. Como segunda novidade, este ano a caravana da Liga Eusko Label Liga, por primeira vez na historia da ACT, desprazarase a Galiza durante tres fins de semana. E en terceiro lugar, serán 20 as xornadas que comporán esta edición 2021 da Liga Eusko Label.
 

Voltar