Novas 2020

ASOCIACION

12 Dec 2020

A ACT pecha o ano coa súa última Asemblea

A ACT pecha o ano coa súa última Asemblea

Benigno Silva e Jon Garaizar conformarán o novo Comité Técnico da ACT

Esta mañá tivo lugar unha nova reunión telemática dos socios da ACT, na que foi a última sesión ordinaria do ano 2020.

Como principais puntos da orde do día da Asemblea tratáronse as cuestións máis relevantes ligadas ao ámbito económico e da xestión concernentes ao último trimestre do ano, e de igual xeito aprobouse o nomeamento de Benigno Silva como novo responsábel do Comité Técnico da ACT, collendo así o relevo de Lourdes García quen non continúa no cargo por motivos profesionais.

Benigno, canda Jon Garaizar, serán polo tanto as persoas que pasan a compoñer o Comité Técnico. Neste punto, a ACT, aproveitou para agradecer a Lourdes tanto a súa dedicación como o seu bo facer á frente do Comité Técnico, desexándolle de igual xeito moi boa sorte na súa nova andaina profesional.

Os socios recibiron por parte da Xunta Directiva o seguemento do exercicio económico deste ano e a Memoria Antidopaxe da tempada 2020 na que se recolleron un total de 53 mostras (27 en competición e 26 fóra da mesma), das que saíron 2 resultados adversos e resoltos sen sanción.

En outra orde de cousas, e sen ser alleos á difícil situación e contexto polo que aínda atravesamos por motivo da COVID-19, os socios comenzaron a esbozar un posíbel escenario da competición para a campaña 2021 da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren.

Ficando convocados para unha nova reunión para finais de xaneiro, da ACT continuarán pendentes da evolución dos acontecementos para poder afrontar unha nova tempada de traiñeiras.

Voltar