Novas

ESPECIAL

17 Nov 2020

O campión renova co seu adestrador

O campión renova co seu adestrador

Iker Zabala seguirá máis un ano ao mando de Santurtzi Transportes y Grúas Aguado logo de levar o equipo biscaíno á consecución da súa primeira Coroa CaixaBank

A pretempada dos equipos da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren xa botaron a andar e os clubs seguen a anunciar incorporacións e renovacións nos seus planteis. O último en confirmar unha das súas pezas para a vindeira tempada é Santurtzi Transportes y Grúas Aguado, que seguirá a confiar no adestrador que os levou a ergueren a primeira Coroa CaixaBank da súa historia.

Iker Zabala afrontará a súa quinta tempada ao mando do equipo da Marxe Esquerda, na que procurarán manteren o nivel amosado este último verán. Zabala dará continuidade á grande maioría do plantel que se erixiu campión e co xa coñecido relevo na posición de patrón. Despois do anuncio da retirada de Asier Zurinaga, Mellor Patrón CaixaBank 2020, os santurtziarras movéronse rápido no mercado para incorporaren a Gorka Aranberri para a temporada 2021.

Voltar