ACT TV

ESPECIAL

07 Out 2020

A ACT en Teknopolis

A ACT en Teknopolis

O programa de ETB realizou unha reportaxe sobre a tecnoloxía creada por G93 para as regatas da Asociación

O que o público ve na televisión á hora de gozar dunha regata é apenas unha pequena parte de todo o que rodea a Liga Eusko Label e a Liga Euskotren. A tecnoloxía é un elemento moi importante na ACT, que procura ano a ano seguir a dar pasos neste aspecto para conseguirmos ter en cada momento os mellores adiantos posíbeis para axudar na competición.

Un claro exemplo disto é o sistema de GPS que se utiliza nas nosas regatas, que axuda a que todas as persoas saiban en cada momento a diferenza de tempos entre as distintas traiñeiras e a posición das mesmas dentro do campo de regatas en tempo real. Xuíces, delegados, adestradores e medios de comunicación benefícianse desta tecnoloxía que dende os comezos da ACT foi evolucionando até hoxe en día, cuxo último expoñente foi a implementación do semáforo para dar as saídas nas regatas da máxima categoría do remo.

G93 é a encargada de desenvolver toda esta tecnoloxía para a ACT e o programa de ETB “Teknopolis” acompañou á empresa eibarresa nunha xornada da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren para analizar toda a vertente tecnolóxica das nosas regatas.

Voltar