Novas 2020

ESPECIAL

22 Set 2020

José Manuel Peláez ?Pendo?, novo adestrador de CR Ares

José Manuel Peláez ?Pendo?, novo adestrador de CR Ares

O adestrador galego chega á Liga Eusko Label despois do seu paso por equipos como Mugardos e Mera

Tras do anuncio da non continuidade de Alberto Hermo ‘Eclise’, CR Ares púxose mans á obra para atopar a alguén que lidere o proxecto no segundo ano da traiñeira galega na máxima categoría do remo. E non tardou en atopalo. José Manuel Pelaez ‘Pendo’ convírtese no novo adestrador da traiñeira senior de CR Ares.

‘Pendo’ desempeñou a maior parte da súa traxectoria como adestrador a escasos 5 kilómetros de Ares, en Mugardos. Á frente da traiñeira mugardesa, conseguiu clasificarse en 2015 para o playoff de ascenso á Liga Eusko Label.

Miguel Ángel Ruiz Camus para Kaiku Vusa

Outra novidade do mercado é a chegada de Miguel Ángel Ruiz Camus a Kaiku Vusa. Logo de adestrar a Astillero, e conseguir este ano a Coroa CaixaBank nas tostas de Santurtzi Transportes y Grúas Aguado, o galego embarca para unha nova misión, a de devolver á ‘Bizkaitarra’ á elite do remo. O preparador xa fixo parte de Kaiku Vusa como remeiro, en dúas etapas, onde xa conquistou a Liga Eusko Label no ano 2012.

Voltar