Novas 2020

ESPECIAL

17 Set 2020

A tempada decídese coa Bandeira El Corte Inglés

A tempada decídese coa Bandeira El Corte Inglés

Portugalete acollerá este domingo a última xornada da Liga Eusko Label e o desenlace dos dous playoffs

Non hai mellor xeito de rematar unha tempada de remo que coa desputa da prestixiosa Bandeira El Corte Inglés. Durante tres meses, as 12 mellores traiñeiras do Cantábrico e do Atlántico afrontaron unha tempada emocionante que chegará ao seu final na Ría do Nervión, no seu paso por debaixo da Ponte Colgante.

A xornada do domingo comezará ás 11:40 coa desputa da segunda xornada do playoff da Liga Euskotren, onde as catro aspirantes cubrirán unha distancia dunha milla e media (2.778 metros) na ría no formato contra o reloxo, con dous longos e unha ceavoga, saíndo en orde inversa á clasificación final da quenda do playoff obtida na xornada anterior en Bermeo.

A seguir, chegará a vez do playoff masculino da Liga Eusko Label, que completarán unha distancia de tres millas náuticas (5.556 metros) en formato contra o reloxo, con catro longos e tres ceavogas, onde sairán en orde inversa ao resultado da xornada anterior.

Así que estean resoltos os dous playoffs, chegará o momento álxido da xornada e da tempada, onde se porá en xogo a L GP – XLVI Bandeira El Corte Inglés e se decidirá o gañador da Coroa CaixaBank. Os oito aspirantes á bandeira completarán un percorrido de tres millas náuticas (5.556 metros), con catro longos e tres ceavogas, divididos en dúas quendas deseñadas en base á clasificación xeral da Liga Eusko Label tras da desputa da penúltima xornada da tempada en Bermeo.

Voltar