ACT TV

ESPECIAL

02 Set 2020

O meu mellor amigo: Pedro & Adrián

O meu mellor amigo: Pedro & Adrián

É a vez para estes dous mozos remeiros enfrentárense ao test da amizade da Liga Eusko Label

A tempada rematou de forma feliz para os remeiros do CR Ares conseguindo a permanencia e o pase para a Liga Eusko Label 2021 despois das dúas últimas xornadas desputadas en Galiza. Así que pasaron os momentos de tensión e de incerteza, imos poñer a dous remeiros do club aresán enfrentados a un novo reto, a priori bastante máis sinxelo que o anterior.

Pedro Carro e Adrián Cordero participan no test de amizade da Liga Eusko Label para tentar acertar a maior cantidade de respostas a preguntas sobre o seu compañeiro de traiñeira. Coñeceranse tanto como cren?

Voltar