ACT TV

ESPECIAL

26 Ago 2020

Ares volta recibir a Liga Eusko Label

Ares volta recibir a Liga Eusko Label

A localidade coruñesa acollerá este sábado a décimo quinta xornada da máxima competición de remo

Tres anos, un mes e trece días despois, a máxima competición do remo de banco fixo volta a Ares, onde xa desputou unha regata da Liga Eusko Label no 2017. A localidade de Trasancos, grazas ao regreso do seu equipo CR Ares á elite do remo, voltará acoller as 12 mellores traiñeiras do Cantábrico e Atlántico nunha xornada chave para o devir da competición. O encontro, a XIII Bandeira Concello de Ares, terá lugar no sábado a partir das 18.10 horas.

Coa liña de saída/chegada situada á altura do peirao de Ares, as embarcacións completarán un percorrido de tres millas náuticas (5.556 metros), divididas en catro longos con tres ceavogas. A partir desta 15ª xornada da competición, as quendas estarán compostas en base á clasificación xeral da Liga Eusko Label, polo que na primeira quenda teremos a Kaiku Vusa, CR Ares, Zarautz Babyauto e Ondarroa Cikautxo. Na segunda quenda estarán Lekittarra Elecnor, Cabo, Donostiarra Amenabar e Zierbena Bahías de Bizkaia. Por último, na quenda de honra remarán Bermeo Urdaibai Avia, Orio Arraunketa Elkartea, GO fit Hondarribia e o líder da competición, Santurtzi Transportes y Grúas Aguado.

Voltar