ACT TV 2020

ESPECIAL

19 Ago 2020

A Liga Eusko Label visita o líder

A Liga Eusko Label visita o líder

A décimo terceira xornada da loita pola Coroa CaixaBank desputarase en Santurtzi

Unha vez rematada a Liga Euskotren e téndose coroado Orio Arraunketa Elkartea como campioas por segunda vez, a Liga Eusko Label segue o seu camiño á procura de encadear o seu último mes de competición. A primeira parada no camiño terá lugar en Santurtzi, onde este sábado se vai desputar a décimo terceira xornada da máxima competición masculina de remo, onde tambén se porá en xogo a XLI. Santurtziko Ikurriña.

Esta Ikurriña de Santurtzi é especial polo seu campo de regatas. Os 12 clubs masculinos terán que competir no antigo percorrido do Gran Premio Nervión, a afamada regata que se desputaba hai décadas nesta ría. As traiñeiras completarán unha distancia de 3 millas náuticas, cos habituais catro longos e tres ceavogas, mais coa particularidade de que non todos os longos terán a mesma lonxitude. As embarcacións sairán da liña de saída ubicada frente as piscinas de Portugalete e buscarán as balizas situadas nos remolcadores de Portugalete (832 metro) nun primeiro longo de sprint, para despois dirixírense cara as balizas exteriores situadas na zona de ABRA do porto interior de Santurtzi (1.946 metros). Logo de completar a metade do percorrido, as traiñeiras voltarán dar a volta nas balizas de remolcadores (1.946 metros) e encararán o derradeiro e “curto” longo até a meta (832 metros).

As quendas estarán divididas en base á clasificación xeral da Liga Eusko Label, polo que na primeira quenda teremos a Kaiku Vusa, CR Ares, Zarautz Babyauto e Ondarroa Cikautxo. Na segunda estarán Lekittarra Elecnor, Cabo, Zierbena Bahías de Bizkaia e Donostiarra Amenabar. Por último, na quenda de honra remarán Bermeo Urdaibai Avia, GO fit Hondarribia, Orio Arraunketa Elkartea e a traiñeira local, Santurtzi Transportes y Grúas Aguado.

Voltar