Novas

ESPECIAL

31 Xul 2020

Todo por decidir

Todo por decidir

Leandro Salvagno, Arkaitz Diaz, Asier Zurinaga e Carlos Mañas dannos as súas impresións desta primeira metade do campionato

Chegamos á terceira e última entrega de valoracións de metade de tempada coas impresións dos remeiros dos catro equipos que están situados agora mesmo na quenda de honra da Liga Eusko Label. Os catro equipos, Orio Arraunketa Elkartea, Donostiarra Amenabar, Santurtzi Transportes y Grúas Aguado e Bermeo Urdaibai Avia afrontan a loita pola Coroa CaixaBank nesta segunda metade do verán separados apenas por catro puntos, así que aínda hai moito por decidir daquí á derradeira pada.

Orio Arraunketa Elkartea (4º / 73 puntos), actual campión da Liga Eusko Label, segue metido de cheo na loita polo liderado. Leandro Salvagno, remeiro ‘aguilucho’ amósase contento co traballo realizado até hoxe polo equipo amarelo, e lembra que “o importante é non se descolgar” da loita polo maillote vermello de Eusko Label. De cara á segunda metade da tempada o uruguaio teno claro: “Cómpre ir a polas bandeiras, mais ollando de esguello o liderado”. En canto á mellor regata desputada, Salvagno salienta a de Getxo e máis a segunda xornada da IV Bandeira Cidade da Coruña.

Donostiarra Amenabar (3º / 74 puntos) deu esta tempada un salto de calidade frente a campaña pasada na Liga Eusko Label. O guipuscoano é o equipo máis regular da competición, sendo o único que non baixou da quinta posición en ningunha das xornadas desputadas até hoxe. Arkaitz Diaz, patrón da ‘Bantxa’ está “moi á vontade” coas regatas desputadas e avisa de que os donostiarras seguirán a tentar “ser competitivos e daren a cara” no que resta de competición.

Até chegar a regata de Lekeitio, Santurtzi Transportes y Grúas Aguado (2º / 76 puntos) era o líder da competición cunha vantaxe importante con respecto aos seus inmediatos seguidores. Logo da debacle da última xornada, Asier Zurinaga, patrón da ‘Sotera’ admite que están “amolados” xa que tiñan “intención de chegaren ao paro con esa vantaxe”. Mais non todo é negativo, os biscaínos son segundos a apenas un punto do liderado, o que fai que as súas aspiracións sigan “intactas”. Zurinaga e os seus aproveitarán este paro para “valorizar, analizar e seguir” a traballaren como até agora.

Cun rendemento exemplar nas dúas últimas fins de semana de competición nas que conseguiron dúas bandeiras, un segundo e un terceiro puesto, Bermeo Urdaibai Avia (1º / 77 puntos) asaltou o liderado da Liga Eusko Label e situase como máximo favorito para levar este ano a Coroa CaixaBank. Carlos Mañas, remeiro da ‘Bou Bizkaia’ explica que “sabiamos que íamos ir de menos a máis, a preparación estaba plantexada así”. Os ‘txos’ decidiron voltaren a utilizar a traiñeira vella para o Campionato de Bizkaia, e dende aquela o rendemento é incríbel: “Dende a regata de Getxo, vimos que podíamos achegarnos aos postos de arriba”. En canto á súa mellor regata esta tempada, o remeiro de Denia sinala a de Orio como a que mellor lembranza lle deixou.

Voltar