Novas 2020

ESPECIAL

08 Xul 2020

Consulta a BOGA 2020 online

Consulta a BOGA 2020 online

Xa está disponíbel na nosa web a Guía BOGA 2020 con toda a información da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren

Como cada ano, o comezo da temporada vén cargado de novidades en todos os equipos: fichaxes, baixas… Todas esas novidades e moito máis telo na Guía BOGA 2020. Canda toda esa información, este ano tamén contamos con varios artigos de interese sobre o mundo do remo. Itziar Olasagasti, remeira de Orio Arraunketa Elkartea, fálanos da evolución da Liga Euskotren Liga nos seus 12 anos de vida; Jaime Lara, remeiro de Kaiku Vusa, conta como foi o salto do remo olímpico de banco móbil ao mundo das traiñeiras; e Gabriel Pita, psicólogo deportivo, resume os beneficios da psicoloxía deportiva no mundo do remo.

A versión online da Guía BOGA 2020 xa está disponíbel na nosa web. Só tes que facer click no botón revista BOGA na parte baixa da páxina principal da nosa web www.euskolabelliga.com e poderás gozar da mellor información sobre a Liga Eusko Label e a Liga Euskotren.

Voltar