ACT TV

ENTREVISTAS

04 Xul 2020

Go Fit Hondarribia suma a primeira vitoria na primera xornada da IV Bandeira Cidade da Coruña

Go Fit Hondarribia suma a primeira vitoria na primera xornada da IV Bandeira Cidade da Coruña Go Fit Hondarribia suma a primeira vitoria na primera xornada da IV Bandeira Cidade da Coruña

Na terceira quenda, Go Fit Hondarribia colleu a dianteira para levaren a primeira bandeira da Eusko Label Liga. A diferenza de dous segundos obtidos ante Santurtzi Transportes y Gruas Aguado será a que terá que defender no día de mañá, e así, conseguir a Bandeira Cidade da Coruña.

A terceira quenda comezaba cunha boa pugna polo liderato, entre Go Fit Hondarribia e Bermeo Urdaibai Avia. Ambos, xa coñecedores dos tempos dos rivais. Despois de chegaren á primeira ceavoga, os de Ioseba Amunarriz puideron deixar atrás a Bou Bizkaia, e realizaron unha contra o reloxo perfecta. En todo momento estiveron por diante e no fin, marcaron un tempo de 20:11 minutos. Bermeo Urdaibai Avia (20:28), despois dunhas primeiras padas á par dos guipuscoanos, vogaron sós tentando reduciren a diferenza sobre os guipuscoanos. Pola súa banda, Zierbena Bahías de Bizkaia non puido achegarse á proa da regata, e co seu tempo (20:45), ficou na sétima posición. Kaiku Vusa foise descolgando na metade do primeiro longo, e sentiu o ritmo alto dos seus rivais. Cun tempo de 21:08 minutos, remataron na última posición da regata.

Na segunda quenda, Santurtzi Transportes y Gruas Aguado colleu a dianteira no primeiro momento, co obxectivo de superaren o tempo de Orio na primeira quenda. E conseguírono (20:13). Malia teren unha desventaxe de sete segundos sobre Hondarribia na última ceavoga, un grande último longo posibilita entrar na pelexa pola bandeira na segunda xornada. Cabo realizou un traballo de menos a máis, e grazas a isto, conseguiu a segunda posición da quenda (20:43), ainda tendo estado en posicións máis atrasadas durante moito tempo da quenda. Lekittarra Elecnor e Zaraytz Babyauto deron unha boa pelexa pola terceira posición, que no fin caiu cara o lado dos biscaínos (20:48), mentres que os
guipuscoanos cederon tres segundos na última quenda (20:51).

Na primeira quenda, Orio demostrou o seu carácter gañador, e dende a primeira pada deixou atrás aos seus rivais. Os aguiluchos vogaron sós toda a quenda, parando o tempo en 20:28. Por detrás, a Donostiarra Amenabar foi de menos a máis, e grazas a unha grande remontada, onde puideron acurtar a Orio trece segundos, chegaban á meta na segunda posición da quenda (20:34), entrando no quinto lugar da xornada. Por detrás, o recén ascendido Ares adiantaba a Ondarroa Cikautxo, e chegaron á par á meta, cun tempo de 20:47 para os do golfo ártabro e 20:48 para os biscaínos.

Orio roza a III Bandeira Cidade da Coruña

Na Liga Eusko Tren, Orio segue coa firmeza demostrada na tempada anterior. As Aguiluchas tomaron a proa da regata mesmo no comezo, e foron deixando atrás ás súas rivais. No remate, as de Nadeth
Aguirre pararon o cronómetro nun tempo de 11:12 minutos, catro segundos antes que a donostiarra (11:17). Na pugna pola terceira posición, Hondarribia Bertako Igogailuak (11:30) foi vencedora sobre Donostia Arraun Lagunak (11:35) que viu como se lle escapaba a tripulación fronteiriza.

Todo por decidir na Bandeira Cidade da Coruña

Mañá decidiranse tanto a primeira bandeira da Liga Eusko Label, como a da Liga Eusko Tren. A Ama Guadalupekoa ten unha vantaxe de case dous segundos sobre a Sotera, que quererá ondear a IV Bandeira Cidade da Coruña. Ambos vogarán na primeira quenda canda Bermeo Urdaibai Avia e Orio. No caso das mozas, case cinco segundos de vantaxe mantén a actual campioa da Liga sobre as súas perseguidoras.

Voltar