ACT TV 2020

ENTREVISTAS

30 Xu˜ 2020

A ambición por bandeira

A ambición por bandeira

Alberto Hermo ‘Eclise’ lidera o plantel do CR Ares na súa volta á máxima categoría do remo

O papel principal dun recén ascendido na súa primeira tempada na Eusko Label Liga adoita reducirse a tentar evitar a última e penúltima praza e eludir deste xeito o descenso. Mais este non é o caso de Ares. O equipo galego volta á máxima categoría do remo coa precaución do recén chegado, pero coa ambición que só os que están moi seguros do potencial do seu plantel poden ter.

Alberto Hermo repite este ano á frente do equipo coruñés no seu regreso á Eusko Label Liga logo dun primeiro paso pola mesma no 2017. O adestrador boirense amósase satisfeito co “bo traballo feito no inverno” por parte dos seus. A respecto do plantel, apenas tivo unha baixa no bloque que gañou a LGT na pasada tempada, mais en palabras do técnico barbanzán “mudou bastante”, “engadindo xente nova de Galiza”, que amosarán a súa valía nesta tempada na Liga Eusko Label.

A falar de obxectivos, “o principal é a permanencia”, mais CR Ares está disposto a “pelexar con todos os que están nesa segunda liga”.

Voltar