ACT TV 2020

ENTREVISTAS

27 Xu˜ 2020

Unha traiñeira competitiva

Unha traiñeira competitiva

Mikel Orbañanos volta aos mandos de GO fit Hondarribia para tentar seguir a seren competitivos

Se hai un equipo que demostrou regularidade durante os últimos anos, esa é a ‘Ama Guadalupekoa’ de GO fit Hondarribia. Os verdes levan 9 anos consecutivos sen sairen de postos de quenda de honra no final da tempada. Os mozos de Mikel Orbañanos demostran ano a ano que son un plantel competitivo e disposto a dar moitísima guerra na Eusko Label Liga.

A respecto do plantel subcampión do verán pasado “a columna vertebral do equipo non muda moito”. Orbañanos opina que “a vontade de demostrar dos recén chegados” unido á “regularidade dos da casa” pode axudalos a seren competitivos este ano tamén.

A respecto dos seus rivais, o adestrador guipuscoano fíxase en Orio Arraun Elkartea e Santurtzi Transportes y Gruas Aguado, mais tampouco deixa de lado a Zierbena Bahías de Bizkaia e Bermeo Urdaibai Avia.

Voltar