ACT TV 2020

ENTREVISTAS

25 Xu˜ 2020

Optimismo en Cabo

Optimismo en Cabo

Benigno Silva amósase optimista na que será a sétima tempada consecutiva do club boirense na máxima categoría do remo

Cabo está disposto a dar guerra un ano máis na que será a súa sétima tempada consecutiva na Eusko Label Liga. Os barbanzáns, baixo a batuta de Benigno Silva, comezarán a tempada no mar da Coruña, onde tentarán dar os primeiros pasos do que agardan que sexa un verán ilusionante.

 

Silva amósase optimista co plantel deste ano, aínda que repite que o obxectivo é “non pasar apuros” e “construír un bloque gañador a medio-longo prazo“. O técnico boirense ten claro que non será un traballo doado, mais “imos tentarlo”.

Voltar