Novas

ASOCIACION

16 Mai 2020

A ACT continúa coa súa folla de ruta

A ACT continúa coa súa folla de ruta

 A partir da semana próxima comezarán as probas pertinentes para coñecer a seroloxía dos planteis da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren

Tras reunírense de novo para detallar o protocolo de volta á actividade, os clubs socios da ACT consensuaron as datas para a realización das probas serolóxicas aos seus deportistas e prepararen deste xeito o inicio da competición. Este proceso levarase a cabo baixo indicacións dos médicos dos clubs nun proceso dirixido por Juan José Badiola, responsábel dos servizos médicos da Asociación.

A partir da semana que vén, os remeiros e as remeiras da Eusko Label Liga e da Euskotren Liga realizarán as probas serolóxicas. Este tipo de test detecta, a través dunha pequena mostra de sangre, se o deportista xerou anticorpos contra o virus, o que sería un sinal de que estivo en contacto con el.

O vindeiro encontro entre os clubs será o 30 de maio, cando os 12 socios se reunirán en Asemblea para tomaren as últimas decisións antes do comezo da tempada.

Voltar