Novas 2020

ASOCIACION

03 Abr 2020

A ACT reúnese de xeito telemático na súa segunda asemblea do ano

A ACT reúnese de xeito telemático na súa segunda asemblea do ano

Os socios da Asociación reúnense de xeito virtual ante o estado de alarma do COVID-19

Os socios da ACT celebrarán mañá unha nova Asemblea ordinaria. A sesión estaba prevista para acontecer en Orio, mais a causa das restriccións estabelecidas e para garantir a seguridade dos asistentes ante a exposición ao virus COVID-19, a Asemblea realizarase de maneira telemática, con cada representante dos 12 clubs socios e da Xunta Directiva dende os seus respectivos domicilios.

Entre os puntos principais da orde do día desta Asemblea están a aprobación do orzamento e do calendario para a tempada 2020. Os socios da ACT debatirán tamén sobre os pasos a seguir neste novo escenario provocado por este virus.

Voltar