Novas 2020
ESPECIAL
19 Mar 2020
Diario da Pretempada (III): Ondarroa
Iñigo Larrinaga infórmanos da particular pretempada que estan a levar a cabo os patróns da Eusko Label Liga
A pretempada avanza día a día, e hoxe toca coñecer un novo testemuño dun remeiro da Eusko Label Liga. É a quenda de Iñigo Larrinaga, de Ondarroa, que nos aportará a particular visión da preparación dos patróns:
Que tal vai a pretempada?
Nesta pretempada estanos a prestar o traballo. Tivemos mais baixas das que nos gustaría e temos un equipo curto pero penso que Iñaki formou un grupo sólido e como a cada ano, estamos ilusionados con esta nova tempada para darmos o mellor de nós mesmos como equipo.
Cal é o seu plan de traballo semanal?
No noso plano semanal incluímos exercicios para traballar o corpo, abdominais, etcétera. Tamén facemos cardio para mantelo en forma. Os días que imos á auga, antes procuramos facer algo de cardio. Somos deportistas que traballamos e non temos 24h para estarmos aí.
O inverno deste ano non foi tan duro como o do ano pasado. Isto mudou a vosa pretempada?
Non, a verdade é que estamos a seguir igual e aproveitamos a vantaxe de termos un bo inverno. Ao final o bo tempo axuda moito e o inverno non adoita ser tan pesado.
Que diferenza a preparación dun remeiro da dun patrón nesta primeira parte do ano?
Eu creo que a preparación dun remeiro é moito máis concreta. É certo que nos meses iniciais se traballa a forma en xeral, mais depois hai que coidar os mellores picos de forma. Todos os remeiros deben estar no mellor dos puntos para os días escollidos e iso complica o labor do preparador. Cos patróns, é moito máis sinxelo.
Sendo diferente supón moitas veces traballar en solitario. Que tal o levas?
Son bastantes anos xa e ao final afaste, pero cando os remeiros están no ergómetro ao límite, é gracioso poder estar de broma na bicicleta estática. Se non, sempre engano a alguén para que me acompañe para saír a correr.
Cales son os aspectos máis importantes para a formación na pretempada dun patrón?
A min o que máis duro se me fai é coidar a comida. Son moi malo a comer e a importancia que iso ten é moita. Eu creo que o máis importante é comer limpo e coidar o físico.
Disque este ano estivestes a aprenderlle a remar á xente durante a semana. Como é iso?
Este ano veu moita xente nova ao club que nunca remara. Así que os compañeiros, canda a iñaki, embarcamos cos novos para lles aprender o que é o remo e poder desputar algunhas regatas no inverno. Foi unha experiencia moi enriquecedora e a verdade é que quero recomendar a quen queira probar a remar que comece sen medo. Nunca é tarde para probar algo diferente!