ACT TV 2019

ESPECIAL

28 Dec 2019

No 2020, sobre rodas

No 2020, sobre rodas

Catro patróns da Eusko Label Liga formarán no 2020 o equipo ciclista ACT Team canda o ciclista profesional Garikoitz Bravo

Nestas datas tan especiais, da ACT queremos anunciar unha importante novidade para a tempada 2020. Un equipo ciclista formado por catro patróns da Eusko Label Liga participará o vindeiro ano nas mellores probas do continente, co nome de ACT Team.

É ben sabido que moitos patróns da competición destinan grande parte do seu tempo libre a complementaren a súa preparación con outros deportes, como o ciclismo. É o caso de Iñaki Goikoetxea, de Lekittarra; Gorka Aranberri, de Orio; Oskar Hermo, de Cabo; e Iñaki Larrinaga, de Ondarroa, que decidiron dar un paso á frente para compaxinaren o remo coa tempada ciclista 2020.

Un dos aspectos importantes deste ambicioso proxecto deportivo é que os nosos patróns competirán baixo a tutela de Garikoitz Bravo, ciclista con 10 anos de experiencia no circuito profesional.

Voltar