ACT TV 2019

ESPECIAL

07 Ago 2019

A Eusko Label Liga volta a Ondarroa

A Eusko Label Liga volta a Ondarroa

A máxima competición do remo regresa logo do paro na liga
 

Sábado a partir das 18:00 horas desputaranse a XXXV Ondarroako Bandera - Cikautxo Sari Nagusia e a II Ondarroako Bandera - Cikautxo Sari Nagusia en augas da localidade biscaína de Ondarroa. Logo da semana de descanso da liga, as embarcacións da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren voltarán vogaren á procura dos seus obxectivos.

Trátase da terceira vez que a máxima competición do remo chega a Ondarroa. Unha regata que se desputará no formato clásico de liña, con dous longos e unha ceavoga na modalidade feminina e catro longos e tres ceavogas na modalidade masculina.

As quendas da regata masculina estarán formadas en base á Clasificación Xeral da Eusko Label Liga, polo que na primeira quenda teremos a San Pedro, Astillero Repsol Electricidad y Gas, Lekittarra Elecnor e Kaiku. Na segunda quenda vogarán Ondarroa Cikautxo, Cabo, Urdaibai Avia e Donostiarra. Os encargados de remaren na quenda de honra serán Zierbena Bahías de Bizkaia, GO fit Hondarribia, Santurtzi Iberdrola, e Orio Babyauto.

Daquela, hoxe pola mañá tivo lugar o acto de presentación destas dúas bandeiras no que estiveron presentes Zunbeltz Bedialauneta, Alcalde de Ondarroa; Nagore Badiola, Concelleira de Deportes de Ondarroa; Gotzon Juaristi, Presidente de Cikautxo e Hasier Etxaburu, directivo de Ondarroa Cikautxo.

Voltar