Novas

COMPETICION

26 Xul 2019

Fin de semana en augas biscaínas

Fin de semana en augas biscaínas

Santurtzi e Getxo acollerán as dúas xornadas da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren

As dúas máximas categorías do remo encontranse en augas biscaínas, exactamente en Santurtzi e Getxo, para desputaren a décimo primeira e a décimo segunda xornada da Eusko Label Liga, e a novena e décima xornadas da Liga Euskotren. O sábado, en Santurtzi, ás 18.15 horas, porase en xogo a Santurtziko XL. Ikurriña e a VIII. Bandeira Euskotren. A xornada do domingo, porén, desputarase en Getxo ás 11.40 do mediodía, coa Getxoko Estropaden XLI. Ikurriña - J.A. Agirre Lehendakariaren XV. Omenaldia e coa Getxoko XI. Ikurriña.

Polo tanto, mañá as traiñeiras desembarcarán en Santurtzi, onde se celebrará a Santurtziko Ikurriña, e farao na súa 40 edición. Tamén se porá en xogo a VIII Bandeira Euskotren para as embarcacións da Liga Euskotren. Esta regata terá un formato especial tanto na regata masculina como na feminina; na regata da Liga Euskotren, as catro embarcacións sairán das balizas de chegada situadas frente as Piscinas de Portugalete e realizarán catro longos e tres ceavogas coas balizas exteriores situadas nos remolcadores de Portugalete, completando así unha distancia de 2.778 metros. 

No caso da regata masculina, a proba constará de catro longos e tres ceavogas, pero coa particularidade de que non todos os longos terán a mesma distancia. Tras dar a saída, as traiñeiras buscarán as balizas situadas nos remolcadores de Portugalete (832 metros), para logo dirixirse ás balizas exteriores situadas na zona de ABRA do porto interior de Santurtzi (1.946 metros). Tras voltaren de novo á zona dos remolcadores para dar a última ceavoga (1.946 metros), as embarcacións enfiarán o último longo para chegar á meta nas balizas situadas no mesmo lugar onde colleron a saída (832 metros). 

As 12 traiñeiras da Eusko Label Liga sairán coa orde inversa que marca a clasificación xeral, polo que na primeira quenda vogarán, San Pedro, Astillero Repsol Electricidad y Gas, Lekittarra Elecnor e Kaiku. Mentres na segunda quenda será a vez para Cabo, Ondarroa Cikautxo, Urdaibai Avia e Donostiarra. Os encargados de remaren na quenda de honra serán Santurtzi Iberdrola, GO fit Hondarribia, Zierbena Bahías de Bizkaia e Orio Babyauto. Cómpre lembrar que o ano pasado Urdaibai Avia foi quen levou a bandeira rexistrando un tempo de 19’35”32, mentres que na Liga Euskotren San Juan Iberdrola impúxose con autoridade parando o cronómetro en 10:38,12. O mellor rexistro do anterior campo de regatas corre a cargo de Orio Babyauto, que no ano 2000 parou o crono en 19'31"57. 

O domingo, en Getxo, estarán en xogo a Getxoko Estropaden XLI. Ikurriña - J.A. Agirre Lehendakariaren XV. Omenaldia e Getxoko XI. Ikurriña. A partir das 11:40 comezará a competición no municipio biscaíno e tratarase dunha regata co formato habitual de liña con 2 longos e 1 ceavoga para as mozas e 4 longos e 3 ceavogas para os mozos. A orde de saída virá determinada pola clasificación da regata de Santurtzi do día anterior. Cómpre sinalar que nas cinco últimas regatas que se xogaron en Getxo a “Ama Guadalupekoa” foi a traiñeira máis rápida. O ano pasado Go fit Hondarribia marcou un tempo de 19’46”84, mentres que o récord do campo de regatas osténtao Castro, quen no  ano 2009 parou o crono en 19'18"70.

Daquela, a clasificación da Eusko Label Liga chegará comandada por Orio Babyauto, que con 110 puntos ten unha vantaxe de 12 sobre Zierbena Bahías de Bizkaia e de 13 sobre Go fit Hondarribia. Mentres que Arkaitz Diaz, patrón de Donostiarra, lidera a clasificación do Premio CaixaBank ao Mellor Patrón, con 5 puntos de vantaxe sobre Borja Gómez (Zierbena Bahías de Bizkaia).

Na Liga Euskotren, a ‘Txiki’ de Orio Babyauto continúa a ocupar o primeiro lugar da táboa con 31 puntos, 6 por riba de Donostia Arraun Lagunak. As oriotarras tamén mandan na clasificación da Mellor Patroa, xa que Nadeth Agirre lidera a clasificación con 19 puntos, e con 12 atópase Andrea Astudillo (Donostia Arraun Lagunak) en segunda posición. 

Voltar