ACT TV 2019
ESPECIAL
25 Xul 2019
Os 'dous-millenials'
A xeración do ano 2000 chega á Eusko Label Liga chea de ánimo e vontade de aportar nos seus equipos
Hoxe, nunha nova entrega da ‘Eusko Label Liga por Dentro’, coñeceremos a historia de catro mozos remeiros que dan os seus primeiros pasos na Eusko Label Liga. Con permiso do remeiro máis novo da competición, Aitor Lazcano (2001), patrón dos ‘galipo’, a xeración do 2000 está composta por Marcos González e Eleder López, de Zierbena Bahías de Bizkaia, e Unai Martín e Telmo Zubiaurre, integrantes da ‘Libia’.
Eles cóntannos como chega esta nova fornada de remeiros á Eusko Label Liga, a esixencia da máxima categoría do remo e de como os axuda o feito de compartiren vestiario con remeiros veteráns que estaban na traiñeira antes de eles naceren.