Novas 2019
ESPECIAL
18 Xul 2019
Primeiro paso baixo a Ponte Colgante
Este domingo poranse en xogo en Portugalete a XVIII Bandeira Concello de Sestao da Eusko Label Liga e a II Bandeira Concello de Sestao
A Eusko Label Liga e a Liga Euskotren voltarán no domingo a outro dos escenarios míticos da competición, a ría do Nervión, onde o terceiro fin de semana de setembro se entregará a Coroa CaixaBank ao campión da Eusko Label Liga. Mais antes, as 16 embarcacións que conforman ambas ligas, competirán domingo a partir das 11:40 horas na II Bandeira Concello de Sestao e na XVIII Bandeira Concello de Sestao.
As embarcacións da Liga Euskotren abrirán a xornada para completar unha distancia de 2.778 metros, dividida en dous longos e unha única ceavoga. Logo da quenda feminina chegará a vez das embarcacións da Eusko Label Liga, que completarán unha distancia de 5.556 metros, con catro longos e tres ceavogas. As quendas para a regata masculina estarán definidas polo resultado da xornada do sábado en Orio.
Hoxe pola mañá tivo lugar a presentación destas dúas bandeiras no Concello de Sestao. Nela estiveron presentes Josu Bergara, alcalde de Sestao; Jesús Amenedo, concelleiro de Deportes do Concello de Sestao; e Amador Antón, presidente de Kaiku.