ACT TV

ESPECIAL

26 Xu˜ 2019

Encontro en augas de Cantabria

Encontro en augas de Cantabria

Santander acollerá o sábado a terceira xornada da competición masculina e a primeira xornada da Liga Euskotren

Logo de termos deixado atrás o primeiro fin de semana de competición, a caravana da Eusko Label Liga trasladarase a terras cántabras para pór en xogo o sábado a I Bandeira Repsol Electricidad y Gas. Este ano a regata vén cunha novidade, xa que as catro traiñeiras da Liga Euskotren encetarán a competición nas augas cántabras. Deste xeito, na primeira xornada da Liga Euskotren deste ano porase en xogo a I Bandeira Repsol Electricidad y Gas.

As quendas e a orde de saída desta regata veñen definidas pola actual situación da clasificación xeral da Eusko Label Liga. Daquela, na primeira quenda estarán Astillero Repsol Electricidad y Gas, San Pedro, Lekittarra Elecnor e Cabo; na segunda vogaran Ondarroa Cikautxo, Kaiku, Urdaibai Avia e Santurtzi Iberdrola; e finalmente, na quenda de honra estarán GO fit Hondarribia, Donostiarra, Zierbena Bahías de Bizkaia e Orio Babyauto, o actual líder da Eusko Label Liga.

Antes do encontro masculino, ás 18.00 horas, darase o bandeirazo de saída á Liga Euskotren. Orio Babyauto, Donostia Arraun Lagunak, Donostiarra e Hondarribia Bertako Igogailuak loitarán por comezaren do mellor xeito a loita polo Trofeo Euskotren.

Este mediodía celebrouse o acto de presentación da regata no CEAR de Vela de Santander. Nela estiveron presentes Luis Hernando, representante de Repsol Electricidad y Gas en Santander e Javier Fernández, alcalde de Astillero.

Consulta aquí o dossier da regata.

Voltar