Novas 2019
ESPECIAL
29 Mai 2019
Experimenta a paixón da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren!
Faite co teu abono e vive con todo tipo de comodidades unha nova tempada da máxima categoría do remo
Goza de toda a emoción do mellor espectáculo do verán a presenzar cada unha das batallas da Eusko Label Liga - Coroa CaixaBank e da Liga Euskotren 2019 compartindo cos teus convidados experiencias inolvidábeis con todo tipo de comodidades. No palco vip, situado na área de saída e chegada, poderás gozar dunha visión inmellorábel da regata, ademais de contar con televisores para poderes seguir o percurso de cada unha das quendas.
Non perdas nin un detalle da regata no teu asento do palco vip e saborea ademais a coidada gastronomía do noso servizo de catering, cos mellores produtos de Eusko Label e San Miguel. Ademais, canda o teu abono dobre para as 20 xornadas da competición tamén recibirás un convite dobre para a Gala da ACT, que terá lugar o vindeiro 8 de xuño no Palacio Kursaal de San Sebastián.
Queres conseguir un abono para toda a tempada? Envíanos un email a prensa@actremo.com e consulta as tarifas para facerte cun abono de tempada.