Novas 2019
ESPECIAL
27 Mar 2019
Ritmo biscaíno para a primavera
Alain Colunga, remeiro de Urdaibai Avia, é o encargado de elaborar a playlist de marzo
A pretempada segue o seu curso e xa deixamos outro mes atrás. O verán cada vez está máis perto e os clubs xa afian os coitelos para daren o mellor nivel posíbel nunha nova edición da Eusko Label Liga.
Este tamén é o caso de Alain Colunga, remeiro de Urdaibai Avia, que fixo un descanso entre adestramento e adestramento para traernos unha selección da súa música preferida e animar así estes primeiros días da primavera. Entre as cancións que compoñen esta listaxe atopamos varios temas de grupos orixinarios da zona na que vive o remeiro biscaíno, como poden ser “Heldu nazazu” de Eratu, “Tximinotan” de The Uski´s ou “Tabernako argiak” de McOnak.
Tamén temos cancións máis coñecidas como “Torero” do porto-riqueño Chayanne ou “Flying free”, mítico tema discotequeiro de finais do século XX.
Mete play e goza da selección musical de Alain Colunga!