ACT TV 2019

ESPECIAL

21 Feb 2019

ETB e ACT siguen xuntos

ETB e ACT siguen xuntos

A Asociación e o ente público vasco prolongan de mútuo acordo o contrato polo que a Eusko Label Liga e a liga Euskotren retransmitiranse no 2019 e 2020

Onte a sede de ETB en Bilbao foi testemuña da sinatura dun novo acordo entre a ACT e a canle pública vasca. Este acordo supón a renovación do anterior contrato asinado no 2016 e prolongarase durante as tempadas 2019 e 2020.

 

Deste xeito, ambas entidades dan continuidade á relación encetada no 2003 canda o nacemento da Asociación, onde ETB xa retransmitía as primeiras regatas da ACT. 16 anos máis tarde, ambas partes siguen a traballar para dar pulo mediaticamente ao deporte do remo. Así, ETB seguirá a retransmitir, en aberto no súa primeira canle, a totalidade das regatas desta tempada, tanto da Eusko Label Liga e da loita pola Coroa CaixaBank como da Liga Euskotren. Ademais de pola súa primeira canle, as regatas poderán seguirse tamén ao vivo na súa páxina web, eitb.eus.

 

Pola súa banda, a TVG tamén retransmitirá pola súa segunda canle as regatas organizadas pola ACT, completando así unha ampla oferta audiovisual para os espectadores durante o vindeiro verán.

 

Borja Rodrigo, Presidente da Asociación, califica de "vital importancia" este acordo que garante "un ingrediente que é fundamental" para a ACT.  Para Joseba Urkiola, Director de Deportes de EITB, este acordo "reforza o acordo que ten coa Eusko Label liga e mais coa Liga Euskotren".

Voltar