Novas 2019

ASOCIACION

11 Feb 2019

ACT e ALN renovan o seu compromiso

ACT e ALN renovan o seu compromiso

A Asociación de Clubs de Traiñeiras e a Asociación Liga Noroeste asinan un ano máis o seu convenio de colaboración

Como xa acontecera en abril do ano pasado, a ACT e a galega Asociación Liga Noroeste voltaron sentárense para seguir a traballar en sintonía e prorrogar así o convenio de colaboración subscrito na pasada campaña.

Deste xeito, as dúas asociacións seguirán a remar na mesma dirección para ligar os intereses de ambas entidades. Entre os puntos máis relevantes, inclúense os convites para o playoff de ascenso e descenso da ACT á Liga Galega ou os dereitos de formación.

Daquela, ambas asociacións continuan coa pretensión e intención de regularen cuestións que son de interese xeral no contorno do remo co fin de dotar este deporte e ás respectivas competicións da maior estabilidade posíbel, así como dunha mellor regulación e coordinación.
 
Borja Rodrigo, Presidente da ACT, amosouse satisfeito logo da sinatura deste novo acordo, que "amosa a firme disposición de ambas partes por seguirmos a dar padas na mesma dirección".

Voltar