ACT TV 2018
ESPECIAL
12 Set 2018
Así chegan as embarcacións ao playoff
Recollemos as sensacións de San Juan Sumelec, Samertolameu Oversea, San Jose XV Astillero, Ares e Lekittara Elecnor antes do transcendental encontro
O playoff da Eusko Label Liga é un dos momentos máis excitantes do ano, onde 5 embarcacións concursan por apenas 2 prazas para estaren a vindeira tempada remando na elite. Este ano os contendentes serán San Juan Sumelec, Samertolameu Oversea, San Jose XV Astillero, Ares e Lekittara Elecnor.
Os adestradores destas cinco embarcacións cóntannos as súas impresións de cara esta fin de semana, as sensacións coas que chegan as tripulacións e as súas preferencias nos dos campos de regata nos que se xogará o playoff. Tamén lles pedimos que nos digan cal sería o titular que lles gustaría ler luns na prensa. Sábado o playoff xogarase na Bandeira Bermeo Hiriko XXXVI. e domingo será a vez da ría coa XLIV Bandeira El Corte Inglés coa que se pechará a tempada.