ACT TV 2018

ENTREVISTAS

03 Mai 2018

"Calquera equipo está desexando estar nesta liga"

"Calquera equipo está desexando estar nesta liga"

Igor Makazaga, técnico de Donostiarra fala sobre como viviron o ascenso e das súas sensacións e obxectivos para o seu debut na Eusko Label Liga 2018

Inauguramos novo mes e traemos unha nova entrevista para sentir o comezo da Eusko Label Liga 2018 aínda máis perto. Desta vez é a quenda de Igor Makazaga, técnico de Donostiarra, equipo que debutará na máxima categoría do remo. Será sen dúbida unha tempada memorábel para este club, e o adestrador da ‘Bantxa’ asegura ter “ingredientes moi interesantes para gozar e este é o mellor contexto, a mellor liga e os mellores rivais”.

En canto aos seus obxectivos para este verán, afirma que “Donostiarra máis que obxectivos, o que ten é un reto. É algo que se procurou durante anos, ao final demos chegado e agora o reto é dar o nivel”. Ao analizar a competencia comenta que “vexo dúas ligas dentro da mesma . Vexo unha primeira liga entre os catro mellores, Hondarribi, Zierbena, Orio e Urdaibai” e engade “despois está a outra liga, e nesa outra liga trataremos de dar a cara”

A falta de menos de dous meses para comezar a remar en augas de Bilbao, Igor Makazaga asegura que “calquera equipo está desexando estar nesta liga porque é a mellor, están os mellores rivais e é a posibilidade óptima para dar de si o mellor que se ten. É a mellor posibilidade para seguir a medrar e nós estamos desexando encetar e aproveitarmos este novo contexto”.

Voltar