Novas 2017

ESPECIAL

11 Set 2017

O Tour Coroa CaixaBank xa está en Portugalete

O Tour Coroa CaixaBank xa está en Portugalete

O máximo galardón da Eusko Label Liga completa a súa viaxe de verán chegando ao seu destino

Xa hai moitas semanas desde que a Coroa CaixaBank se puxo en marcha para percorrer toda a costa cantábrica na súa particular viaxe de verán. Bilbao, Donostia, Santander, Getxo, Hondarribia, Zarautz e Boiro foron destinos que visitaron o trofeo no seu camiño até chegar a Portugalete onde será entregado ao líder da clasificación final da Eusko Label Liga. Até ese momento, a Coroa CaixaBank descansará no Gran Hotel Puente Colgante de Portugalete (Doña María Díaz de Haro, 2). 

Participando no Tour Coroa CaixaBank poderás conseguir dous pases para veres en directo a última regata do calendario dende o Barco da Eusko Label Liga, onde precisamente se fará entrega da Coroa CaixaBank ao vencedor da competición. Ademais, entrarás no sorteo dun maillote CaixaBank ao Mellor Patrón, deseñado esta tempada por Magia Sport, Official Partner da Eusko Label Liga. Para entrar no sorteo só tes que procurar o teu punto máis próximo do Tour Coroa CaixaBank que se realizará ao longo de todo o verán e tirar unha foto coa Coroa CaixaBank. Despois faite seguidor de @actraineras en Twitter e súbea co hashtag #TourCoronaCaixaBank.

Non perdas esta oportunidade de tirares unha foto coa Coroa CaixaBank!

Tour Coroa Caixabank

Estas son as datas e os municipios que acollerán a Coroa CaixaBank:

Do 26 de xuño ao 6 de xullo Bilbao | Oficina CaixaBank (Gran Vía, 38)
Do 10 de xullo ao 17 de xullo Donostia | Oficina CaixaBank (Churruca, 14)
Do 17 de xullo ao 23 de xullo Santander | Oficina CaixaBank (Jesús de Monasterio, 19-21)
Do 24 de xullo al 30 de xullo Getxo | Polideportivo Gobela (Luis López Oses, 3)
Do 1 de agosto ao 12 de agosto Hondarribia | Polideportivo Hondartza (Foru)
Do 13 de agosto ao 20 de agosto Zarautz | Polideportivo Aritzbatalde (Araba, 20)
Do 21 de agosto ao 27 de agosto Boiro | Concello de Boiro (Plaza Galicia)
Do 28 de agosto ao 11 de setembro Donostia | Aquarium
Do 11 de setembro ao 16 de setembro Portugalete | Gran Hotel Puente Colgante (Doña María Díaz de Haro, 2)

Voltar