Novas 2017

ESPECIAL

23 Ago 2017

Último encontro cos 12 clubs

Último encontro cos 12 clubs

O domingo ás 12.00 horas desputarase a XXVII Bandeira Concello de Boiro nas augas da localidade coruñesa

Boiro acollerá o vindeiro domingo a partir das 12.00 horas a décimo sexta xornada da Eusko Label Liga 2017, onde se porá fin á tempada regular da competición. Deste xeito, nas dúas últimas xornadas da tempada, a desputar en Bermeo e Portugalete, contarase coa presenza dos oito primeiros da clasificación xeral da loita pola Coroa CaixaBank, xunto co penúltimo clasificado, que defenderá o seu posto nas dúas datas do playoff que terán lugar en augas biscaínas.

De aquí en diante a composición de quendas de todas as xornadas restantes na competición farase en base á clasificación xeral da Eusko Label Liga, independentemente de que sexan no sábado ou no domingo. Polo que as quendas para esta XXVII Bandeira Concello de Boiro estabeleceranse en base á clasificación xeral unha vez remate a xornada do sábado en Moaña.

A presentación da bandeira tivo lugar esta mañá no Concello da localidade coruñesa, onde estiveron presentes Juan José Dieste, alcalde de Boiro; Daniel Vázquez de Cabo; e Mario Vidal, presidente de Cabo.

Dossier da regata

Voltar