Novas 2017

COMPETICION

22 Xul 2017

Un día cincento recibiu as 16 traiñeiras da Eusko Label Liga e a Liga Euskotren hoxe en Santander, pero unha grandísima regata puxo a cor e a emoción á tarde. Orio Babyauto levou o terceiro trapo da tempada ao vencer na V Bandeira CaixaBank de hoxe. Os de Jon Salsamendi venceron con un tempo de 20’02”26, e unha vantaxe de 1”84 sobre Urdaibai Avia. Pola súa banda, os ‘txo’ manteñen o liderado da Eusko Label Liga con 78 puntos, seguidos polos 73 de Hondarribia e 71 de Orio Babyauto.

A quenda de honra deixounos unha grande loita pola vitoria entre a ‘San Nikolas’ e a ‘Bou Bizkaia’. Ao final, apenas 1”84 separaron ambas embarcacións, sendo a vitoria final para os ‘aguiluchos’ con 20’02”26. Hondarribia foi terceiro con 20’14”24 e Kaiku Producha pechou a quenda de honra, conseguindo a cuarta praza con 20’30”26.

San Juan Sumelec dominou do principio ao fin a segunda quenda conseguindo a quinta posición final con un rexistro de 20’36”80. Zierbena Bahías de Bizkaia, Tirán Pereira e Ondarroa Cikautxo protagonizaron unha durísima pugna na parte final da regata, rematando en sétima, oitava e novena posición respectivamente.

Cabo foi indo de menos a máis na primeira quenda adiantando aos seus tres rivais de quenda até conseguiren a vitoria con 20’36”80, o que lle valeu a sexta posición. Astillero confirmou as boas sensacións que deixou a semana pasada e conseguiu un décimo posto con 20’51”46. San Pedro e Ares pecharon a regata de hoxe, con 20’53”68 e 21’14”32 respectivamente.

San Juan Iberdrola colle vantaxe

As ‘Batelerak’ de San Juan Iberdrola conseguiron unha grande vitoria na II Bandeira CaixaBank con un tempo de 11’10”62, con 12” sobre Hibaika Jamones Ancín. Orio Babyauto foi terceira, con 11’35”06 e Arraun Lagunak Donostia pechou a quenda de hoxe a 34” das sanjuandarras.

Seis longos e 5 ceavogas

Mañá chegará á Eusko Label Liga unha nova edición da peculiar regata de Pasaia, na que os 12 equipos terán que afrontar seis longos con cinco ceavogas, na que será a Bandeira Adegi. Pola súa parte, a Liga Euskotren voltará encontrarse tamén en augas da baía pasaitarra para desputar a Bandeira Deputación. 

Voltar