Novas 2017

ESPECIAL

10 Xul 2017

Chega o último longo de Orio e San Sebastián

Chega o último longo de Orio e San Sebastián

Unha semana máis chega a sección na que repasamos o acontecido este fin de semana
 

Tras un intenso fin de semana onde se desputaron a XXVII. Orioko Estropadak – V. Orio Kanpina Bandera e a Bandeira Giroa Veolia, correspondentes á terceira e cuarta xornadas da Eusko Label Liga, volta o ‘Último Longo’, a sección onde facemos un breve resumo do acontecido nas regatas do sábado e domingo.

Hondarribia voltou en Orio á senda do triunfo superando todos os demais clubs con unha contra o reloxo de auténtico nivel, na que Urdaibai Avia ficou a apenas 3”34 da ‘Ama Guadalupekoa’. Xa o domingo, unha grande regata dende a segunda quenda permitiu a Orio Babyauto marcar un rexistro que foi imposíbel de superar para as traiñeiras da quenda de honra, adxudicándose deste xeito a Bandeira Giro Veolia.

Despois de se desputar estas dúas novas batallas na Eusko Label Liga, Urdaibai Avia lidera a clasificación xeral con 44 puntos, seguido de perto por Hondarribia con 42 e Orio Babyauto con 41. Na clasificación do Trofeo CaixaBank ao Mellor Patrón, Ioseba Amunarriz, patrón de Hondarribia, mantén e aumenta a vantaxe no primeiro posto, no que xa dobra en puntos ao segundo clasificado, Vicente Carpintero, patrón de Urdaibai Avia

A Liga Euskotren xa está definida

Hibaika Jamones Ancín e San Juan Iberdrola fixéronse coas dúas primeiras bandeiras da tempada, a V. Orio Kanpina Banderay e a VI. Euskotren Bandeira respectivamente. Canda estes dous clubs, Orio Babyauto e Arraun Lagunak Donostia serán as traiñeiras que completarán a quenda da Liga Euskotren 2017. Respecto á clasificación xeral, San Juan Iberdrola e Hibaika Jamones Ancín están empatadas a 7 puntos en primeira posición, Orio Babyauto é terceira con 4 puntos e Arraun Lagunak Donostia é cuarta con 2 puntos.

Voltar