Novas 2017

ESPECIAL

04 Xul 2017

BM Supermercados, novo tripulante da ACT

BM Supermercados, novo tripulante da ACT

A cadea de distribución vasca convírtese esta tempada en Official Partner da Eusko Label Liga
 

A Eusko Label Liga arriou estachas o pasado sábado nunha tempada que chega cargada de emoción e na que, unha vez máis, as 12 mellores traiñeiras do momento pugnarán ao longo de todo o verán por se faceren coa Coroa CaixaBank. Un verán que sería impensábel sen o apoio das diferentes casas que reman canda a ACT e que nos fan vibrar a cada pada. O último tripulante en se sumar á traiñeira da ACT foi o Grupo Uvesco, quen dende este ano se convirte en Official Partner da máxima competición de traiñeiras.

Deste xeito, BM dará cor ás nosas regatas levando á nosa Fan Zone algúns dos seus produtos máis frescos en forma de degustacións. Ademais, todos os afeccionados que pasen polo stand da BM que acompañará a Eusko Label Liga durante todo o verán, poderán levar un pano da cor do seu equipo, mentres os máis pequenos da casa terán tamén oportunidade de brincaren nos hinchábeis durante a xornada de regatas.

BM Supermercados estivo dende as súas orixes moi comprometida con seu entorno. O seu apoio a todo o ligado co local levouna a se converter nun dos principais colaboradores dos eventos deportivos e sociais das zonas nas que está presente. Un apoio que forma parte do ADN do grupo e que responde á filosofía de BM na que por unha banda, amosa a súa inquedanza por fomentar hábitos de vida saludábeis, e por outra, evidencia o seu compromiso co contorno máis próximo.

Enerxía e frescor para a navegación

O peche do acordo efectuárono Miguel Ángel Zamorano, Director de Xestión de Tendas e Marketing do BM Supermercados, e Borja Rodrigo, Presidente da ACT. Rodrigo sinalou que “este tipo de acordos son dunha importancia total e os que nos dan proxección para podermos seguir medrando. O feito de que casas de tanto renome e prestixio como a do BM se fixen en nós deste xeito, énchenos de enerxía e frescor para seguirmos a navegar con máis forza”. Pola súa banda, Zamorano explicou que “para BM é un grande orgullo poder colaborar nun proxecto tan bonito, tan de aquí, tan noso como é a Eusko Label Liga da ACT. Iremos de mans dadas en cada bandeira, a cada pobo, nos que ademais estamos presentes a través dos nosos supermercados e dos que facemos parte. Seguiremos a pór toda a nosa énfase e cariño nos eventos e accións importantes para os nosos clientes”.

Voltar