Novas 2017

ESPECIAL

22 Xu˜ 2017

Modificación de horarios en Bilbao e Orio

Modificación de horarios en Bilbao e Orio

A xornada inaugural da Eusko Label Liga terá o seu bandeirazo de saída ás 19.00 horas, mentres que en Orio será ás 17.30 horas
 

O calendario da Eusko Label Liga terá variacións nos seus horarios en dúas das súas xornadas. Así, a xornada inaugural, a se desputar no vindeiro 1 de xullo en augas de Bilbao, terá o seu bandeirazo de saída unha hora máis tarde do habitual, ás 19.00 horas. Mentres que en Orio, xornada a se desputar o 8 de xullo, o encontro adiántase media hora, dando comezo ás 17.30 horas. Nesta ocasión, e como vén sendo habitual os últimos anos, esta xornada cadrará coa primeira xornada do playoff de acceso á Liga Euskotren.

Daquela, a xornada feminina porase en xogo unha vez rematada a xornada masculina, co fin de garantir a maior igualdade entre as quendas de ambas competicións. Neste caso serán tres quendas na Eusko Label Liga e unha quenda na Liga Euskotren.

Voltar