Novas 2017

ESPECIAL

11 Abr 2017

Jon Arrizabalaga ponlle ritmo al mes de abril

Jon Arrizabalaga ponlle ritmo al mes de abril

O remeiro de Ondarroa Cikautxo traenos unha listaxe na que se mistura o rock coa música de festa

Un mes máis chega o momento de lle pór un son diferente á competición coas cancións que nos traen os remeiros da ACT. Este mes ademais, temos a primeira playlist desde o nacemento da Eusko Label Liga, e o encargado de lle pór música a este acontecemento foi Jon Arrizabalaga, remeiro de Ondarroa Cikautxo, que canda o seu equipo debutará este verán na loita pola Coroa CaixaBank.

Nesta #PlaylistDeAbril non predomina apenas un estilo musical, pero si que se poden recoñecer dous estilos que aínda que contrapostos dan a esta listaxe de reprodución o seu toque persoal. Dunha banda atopamos a vertente rock desta playlist da man de Welcome to The Jungle, Paradise City (Guns N´Roses) ou Fuel (Metallica), mentres que para lle facer frente podemos ver clásicos como Mambo Nº 5 (Lou Bega), Boom Boom Boom Boom! (Vengaboys), Livin´ la Vida Loca (Ricky Martin) ou Allez Ola Olé (Jessy Matador).

Voltar