Novas 2017

ESPECIAL

28 Mar 2017

Twitter, agora tamén en euskera e galego

Twitter, agora tamén en euskera e galego

As dúas novas contas oficiais da ACT estarán en funcionamento a partir de hoxe

A comunidade dixital da ACT conta xa con máis de 25.000 seguidores de todas as partes do mundo que se unen por unha paixón común, o remo. A partir do día de hoxe todos os amantes do remo poderán seguir a actualidade da ACT a través de dúas novas canles. Até o momento, aínda que na web toda a información se atopa traducida a tres idiomas, as publicacións nas redes sociais só se compartían en castelán.

Conscientes da pluralidade lingüística que caracteriza a nosa competición e co afán de chegar a un público máis amplo, á conta oficial en Twitter da ACT únense dous novos perfís que publicarán tweets tanto en euskera como en galego.

Deste xeito as noticias e informacións chegarán ao público de maneira máis personalizada e no idioma que prefira o usuario.

Voltar