Novas 2017

ESPECIAL

16 Feb 2017

Agus Fernández ponlle ritmo a febreiro

Agus Fernández ponlle ritmo a febreiro

O patrón e adestrador de Ares prepáranos unha listaxe moi influenciada polos himnos do rock clásico internacional

Seguimos pondo ritmo a cada novo mes e o de febreiro chega con un dos debutantes na batalla pola Coroa CaixaBank, Agus Fernández. O patrón e adestrador de Ares preparounos unha selección musical na que gozamos cos sons máis duros e clásicos do panorama internacional. Himnos do rock como ‘Welcome to the jugnle’ the Gun’s and Roses, ‘Thunderstruck’ de ACDC, ‘Smells like teen spirits’ de Nirvana ou ‘Master Of Puppets’ de Metallica. Tampouco esquece outros exitazos como ‘Killing in the name’ de RATM, ‘Basket Case’ de Greenday ou ‘The Kids aren’t alright’ de The Offsrping.

Aínda que non todo é música internacional, tamén toca a escena estatal con Extremoduro, Marea, Rosendo, Reincidentes ou os xa habituais das nosas listaxes, Heredeiros da Crus. Mete play e goza dos ritmos de febreiro! 

Voltar