Novas 2016
ASOCIACION
07 Nov 2016
Todos os controis antidopaxe, negativos
Ao longo da tempada realizáronse un total de 104 controis antidopaxe, distribuídos en 44 controis en competición e 60 controis fóra desta
Como vén acontecendo desde o inicio da ACT, a Asociaciónsometeu aos seus participantes a diversos controis antidopaxe co obxectivo de detectar calquera posíbel uso ou consumo de substancias e métodos prohibidos no deporte. Así, ao longo da Liga San Miguel leváronse a cabo un total de 104 controis, dos cales 44 efectuáronse durante a competición e 60 fóran desta. Os controis de dopaxe programados pola ACT extendéronse -ademais de aos clubs socios da Asociación- aos participantes nas ligas ARC e LGT que aspiraban a facer parte no playoff de ascenso á máxima competición.
Así, dos controis realizados, 58 destes foron controis estándar de ouriños. Mentres que os 46 restantes foron específicos -tanto de ouriños como mostras fisiolóxicas de sangue- para a detección de factores de liberación da hormona do crecemento, axentes estimulantes da eritropoxese e a hormona do crecemento humano. Coas actuais técnicas analíticas das que dispón o laboratorio de control da dopaxe homologado, nas mostras analizadas, non se acreditou a presenza non xustificada de ningunha substancia ou método prohibido, ou os seus metabolitos ou marcadores, de entre os incluídos na listaxe de referencia.
Ademais, e como xa acontecera o ano pasado, desde a Asociación realizáronse xornadas formativas e de divulgación orientadas aos clubs deportivos socios e os seus integrantes. Consciente da importancia que ten no mundo do deporte na actualidade, é desexo e vontade da ACT, cos medios que poida destinar en vindeiros exercicios, continuar a realizar un programa de control da dopaxe no seo das súas competicións.