Novas 2016
ESPECIAL
22 Set 2016
Unai Lizarrale gañador do 'Prognóstico 2016'!
O remeiro de Orio Babyauto proclamouse campión dunha nova edición do ‘Prognóstico’
A semana pasada o remeiro de Orio Babyauto, Unai Lizarralde, convertiuse no gañador do prognóstico que vén da man das achicorias El Chimbo, La Niña, El Árbol e Leroux. Como gañador, tratou de superar a súa propia marca de 9 acertos con un novo prognóstico na XLII Bandeira El Corte Inglés, pero non puido ser. Na súa segunda aparición, logrou acertar apenas tres resultados.
Porén, o mozo remeiro oriotarra, da man de Molabe levará un grande premio. Nada máis e nada menos que unha cea para dúas persoas no Restaurante Arzak de 3 estrelas Michelín. Parabéns Unai!